O Cpto. de España de Vaurien toma saída en Sanxenxo

vaurien250_140708.jpgSANXENXO > Máis de 30 embarcacións tomaron a saída co obxectivo de alzarse coa victoria final. Trala disputa das tres primeiras mangas os barcos galegos colócanse nas primeiras posicións.

O RCN de Sanxenxo acolleu esta fin de semana o comezo dunha das competicións máis importantes de cantas organiza este verán, o 45º Campionato de España de Clase Vaurien.

 A experiencia doutros anos é boa, xa que tamén foron anfitrións dos Mundiais da especialidade alá polo 2005.

Despois das medicións e dos actos inaugurativos do sábado, onte pola mañá deuse a saída á primeira das tres mangas programadas para a xornada dominical. Nela, o constante cambio de vento fixo que o campo de regatas fose sometido a diversas variacións e así na segunda ceñida o triiángulo programado foi acortado. A victoria recau en mans de Ignacio Campos e Pedro Martínez, seguidos por Pablo Cabello e Javier Lago.

A forte intensidade do vento fixo retrasar en dúas horas a saida da segunda manga. Cando este amainou os irmáns Leiros leváronse a victoria por diante de Cabello-Lago, que repetiron segunda posición, e Campos – Martínez que desta volta tivéronse que conformar coa terceira praza.

Xa na última proba do día, Cabello e Lago viron recompensado o seu esforzo das primeiras mangas e cruzaron a liña de meta en primeira posición despois de culminar unha gran remontrada.

A súa regularidade fíxolles se-los primeiros líderes deste Campionato de España na primeira xornada, seguidos a 5 puntos por Campos e Martinez; completando o podium situaríanse Andrés e Rafel Jiménez.

Hoxe continúan as probas coa disputa doutras tres mangas, co que se chegará ó ecuador do campionato, que como saben terá o seu remate o mércores 16.

Redacción Salnés