O Pontevedra C.F. presenta ó dianteiro vigués Iago Iglesias

iago250_140708.jpgPONTEVEDRA > Hoxe foron presentadas as últimas dúas fichaxes do Pontevedra Club de Fútbol para a vindeira temporada. Trátase do dianteiro vigués Iago González e de Jaime Lago, preparador físico do Celta B durante nove temporadas e que ven a supli-la baixa de Solla.

Iago intentará aportar o seu gran de area e por suposto os seus goles para que o equipo acade este ano o seu obxectivo, que non é outro que voltar a Segunda División. Ten 26 anos, formouse na canteira do Celta e a pasada temporada militou nas filas do Terrasa.

Esta mañá pasou as probas médicas xunto con outros tres dos seus novos compañeiros: Saavedra, Quique Cubas e Asier Ormazábal.

O plantel ó completo será presentado mañá en Príncipe Felipe ás 18:00, para comezar xa o traballo de pretemporada.

O club aínda agarda realizar algunha incorporación máis antes de que remate o prazo de fichaxes o 31 de agosto.

Redacción Salnés