PONTEVEDRA> A Ponte do Burgo acollerá este sábado a cuarta edición do programa Saltar na Rúa. Un evento que cada ano serve para achegar o deporte a toda a veciñanza pontevedresa. A cita arrancará ás 19:30 horas e nela participarán atletas como David Ferrer, Alfonso Palomanes e Beatriz Viteri.
Pontevedra acollerá este sábado unha nova edición do Saltar na Rúa, o programa que ten como obxectivo achegar o atletismo a toda a veciñanza. Nesta ocasión, o evento levarase a cabo na renovada Ponte do Burgo.
Nesta cuarta edición participarán un total de 18 deportistas. O farán en tres modalidades: salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega. En todas as probas extremaranse as medidas de seguridade.
O evento arrancará ás 19:30 horas e contará coa participación dos mellores saltadores do momento como David Ferrer, Raúl Cortizo, Alfonso Palomanes ou Beatriz Viteri.