Castrosúa, Solventis e Alimentos de Zamora, gañan a Rías Baixas

castrosua250_180809.jpgSALNÉS> A XLVI Regata Rías Baixas-Martín Códax chegou ó seu fin, coas victorias dos favoritos Castrosúa e Solventis nas súas respectivas categorías. A única sorpresa deuna o Alimentos de Zamora, que desbancou do liderato o Viajes Atlántico na derradeira xornada.

O Castrosúa, de Guillermo Alonso, o Solventis, de Malalo Bermúdez de Castro e o “Alimentos de Zamora” patroneado por Juan Carlos de Ana, proclamáronse hoxe gañadores das tres clases oficiais da Regata Rías Baixas-Martín Códax, que conclíu esta tarde no Real Club Náutico de Vigo.

Na quinta e última etapa, Sanxenxo-Vigo, a victoria foi para o Pairo VIII, que non evitou que o Ourense fose segundo na xeral final por detrás do Castrosúa.

En cruceiro-regata, venceu o Terras Gauda de Michael Álvarez que nada puido facer na xeral ante o Solventis, que gañou con holgura.

En regata-cruceiro o Alimentos de Zamora impúxose tras un impresionante final e levouse o título adiantando ó Viajes Atlántico.

Nas instalacións do Náutico vigués se celebrouse a cerimonia de clausura presidida pola alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Redacción Salnés