O Grupo Barros lévase a victoria no derbi cambadés

tenisdemesa250_121108.jpgSALNÉS > O Establecimientos Otero non xogou, por estar en xornada de descanso. Sí que o fixeron en Segunda Nacional o Grupo Barros e o Joyería Enrique nun derbi que amosou a diferencia entre ambos conxuntos.

Despois de quince días sen liga o Establecimientos Otero volverá esta fin de semana á competición. Recibirá en San Tomé a visita do L’Escala, séptimo clasificado na xeral cun balance de dúas victorias e tres derrotas en cinco partidos. Os cambadeses son agora terceiros, aínda que de gañar subirían un posto na xeral xa que conta cun encontro menos que o resto.

A Segunda Nacional vivíu un duelo fraticida entre Grupo Barrros e Joyería Enrique. As diferencias que hai entre os dous conxuntos deixáronse notar co incontestable resultado final de 4-0 para o Barros. Karol Kasek e Fernando Padín sumaron os puntos en individuais e o dobres, mentres que Ñajo fixo o cuarto. Continúanlíderes invictos, todo o contrario que o Joyería Enrique que continúa sen coñecer a victoria no que vai de temporada o que lles sitúa na última posición da clasificación xeral

Na Primeira División Femenina o Caixanova sumou a súa terceira derrota consecutiva, desta volta ante o Ferrol, por 4-1. As cambadesas pouco puideron facer ante a veteranía das xogadoras do conxunto rival e tan só Gema Cores foi quen de puntuar. Son penúltimas da súa división.

Na Primeira Autonómica o Caixa Galicia tivo a a victoria na man pero deixouna escapar. Tanto no dobres como no encontro de Ramón Padín estaban practicamente gañados, pero non souberon pecha-lo partido e déronlle vida ó Vincios que ó final levouse o triunfo por 2-4.

Ademais, destes resultados, a xornada deixounos a victoria do Insucarpi por 4-0 ante o Moteporreiro B, partido moito máis complicado para os cambadeses do que reflicte o marcador.

Redacción Salnés