Estrepitosa caída do Viajes Interrías en León

INTERRIAS_250.jpgSALNÉS> As baixas, o cansancio e un ritmo de xogo lento fixeron que o Viajes Interrías pechara a décimo segunda xornada de liga cunha derrota por 6 a 1 ante o Puertas Deyma. Os de Salgueiro deberán traballar duro se queren recuperar o pulso polos postos de cabeza na clasificación.

{flowplayer}images/salnes/INTERRIAS_DEC2010.flv{/flowplayer}

Os de Portonovo saíron ó terreo de xogo cunha estratexia marcada: agardar ó contrincante no seu campo para logo saír á contra e ocasionar situacións de perigo. É a baza coa que contaban para intentar suplir a xeira de baixas entre o plantel de xogadores, e funcionou nos primeiros minutos do encontro. Ata que encaixaron o 1 a 0. O Puertas Deyma aproveitou un erro na defensa do Interrías para abrir o marcador mediada a primeira parte. A partir de entón, os de Salgueiro enfrascáronse no obxectivo de buscar o tanto do empate, pero foron os leoneses os que mellor souberon aproveitar as súas ocasións, indo ó descanso cun cómodo 3 a 0.

Os xogadores do Interrías comezaron a segunda parte convencidos de poder dar a volta ó luminoso, pero o cuarto gol do Puertas Deyma bateu fondamente na moral dos de Salgueiro. Desde entón o ritmo do partido continuou a súa caída en picado. Só un gol de Raúl logrou dulcificar a derrota. Ó final, 6 a un para os de León. Nin o adestrador nin o plantel do Interrías puideron saír satisfeitos do traballo realizado. A vindeira xornada agárdalle un enfrontamento de nivel contra ó Mera. Será a proba de fogo para levantar a moral e recuperar a carreira polos primeiros postos da táboa. Pero non será fácil, xa que os coruñeses son un dos equipos líderes da clasificación.

Redacción Salnés