Condes de Albarei xa ten as chaves do Pazo de Baión

    pazobaion_chaves100_170708.jpgVILANOVA > Coa entrega simbólica das chaves, Condes de Albarei certificou a recepción do Pazo de Baión, ante os seus 400 socios …

    {flowplayer}images/salnes/pazo_baion.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > Coa entrega simbólica das chaves, a directiva da adega Condes de Albarei certificou a recepción do Pazo de Baión, ante a mirada dos 400 socios da cooperativa cambadesa. O presidente Guillermo Rodríguez agradeceulles o apoio que lle deron a este proxecto, que só na poxa xa lles levou 15 millóns de euros. Agora teñen por diante unha nova etapa.

    Onte non houbo posibilidade de visitar o pazo por dentro. Despois de trece anos de abandono o seu interior está practicamente en ruínas. Precisamente, a rehabilitación comezará polo edificio central onde queren instalar unha tenda e un centro de recepción de visitantes. E é que o proxecto de Condes de Albarei para o Pazo de Baión vai máis aló dunha adega con viños de gama alta. A intención é convertelo nun referente nacional do enoturismo. As previsións son recibir no Xacobeo 2010 unhas 50.000 visitas.

    Tanto o inmoble como as cepas do viñedo están en mal estado polo que será preciso investir unha gran cantidade de diñeiro para recuperalos. O respaldo económico de Condes de Albarei será finalmente Caixanova e desde a Xunta tamén lles prometeron o máximo apoio posible. Ánimo tamén lles deu Carmen Moya, a delegada do Plan Nacional sobre Drogas. Lembrou o pasado escuro do pazo e alegrouse do fin que lle vai dar agora a cooperativa cambadesa. Ademais garantiu que o diñeiro da adquisición do pazo de Baión irá a programas de loita contra a droga e de prevención. Autoridades e socios puideron pasear pola explanada do Pazo e coñecer a adega. No seu haber teñen xa 22 hectáreas de viñedo.

    Redacción Salnés