Cambados reduce en 2 millóns os orzamentos de 2009

    orzamentos_cambados100.jpgCAMBADOS> O Concello de Cambados reduciu o seu orzamento en dous millóns de euros e para este ano contará cuns 9,6 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O Concello de Cambados reduciu o seu orzamento en dous millóns de euros e para este ano contará cuns 9,6 millóns de euros.

    De feito, o equipo de goberno cualifica as contas de austeras, que pretenden axustar os gastos ó máximo. Así o indicou onte á noite o alcalde no pleno extraordinario convocado para debater o presuposto.

    Para o PP son unhas contas propias de épocas de crise, nas que reduciron gastos correntes, como os consumos de combustible e enerxía eléctrica. E pola contra, se incrementan partidas de programas sociais, como a de Axuda no Fogar que aumenta en 10.000 euros, ou as axudas benéfico asistenciais, que recibirá 8.000 euros máis.

    De todos xeitos, o goberno local asegura que se segue mantendo importantes investimentos: como o remate da ludoteca e o parque da casa dos Fraga, a conclusión do salón feiral da fábrica de Peña e a compra de solares nas parroquias. No capítulo de gastos, destaca a Festa do Albariño, con 300.000 euros, e os actos do Ano Cabanillas, con 80 mil euros. O Concello non inclúe nas contas as obras do Plan Anticrise nin as previstas coa Deputación.

    Ó PSOE chamoulle a atención o descenso dos investimentos. O portavoz Rafael Blanco criticou que se en 2008 esta partida era de 3,3 millóns de euros este ano é de 500.000 euros. Tampouco cre que o presuposto sexa austero e lamentou que o equipo de goberno non apostara por reducir máis o gasto, tal como recomenda a interventora municipal. Deste xeito xustificaron a súa abstención na votación das contas.

    O BNG votou en contra porque considera estes orzamentos continuistas, irreais e antisociais. O portavoz Víctor Caamaño asegura que son moi similares ós do ano pasado, que non se reduce o gasto de ningunha maneira e que, ademais, inclúe unha diminución das partidas de índole social, algo que ó seu parecer non debería facerse en época de crise. O Bloque propuxo reducir gastos como por exemplo os previstos para a Festa do Albariño.

    Redacción Salnés