O Concello non modifica o plan de actuacións do Fondo anticrise

    190109_pleno_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O Concello non modificará o plan de actuacións con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local.

    {flowplayer}images/salnes/190109_pleno_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía non modificará o plan de actuacións con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local. Esta foi a decisión adoptada en solitario polo grupo socialista durante o pleno extraordinario celebrado esta mañá.

    BNG e Esquerda Unida solicitaran a convocatoria desta sesión para tratar a modificación do proxecto e incluír a construción da praza do Souto en Rubiáns. O que principio ía ser un debate orzamentario converteuse nun xuízo á xestión do grupo socialista. Eliminar as obras de rehabilitación da Rúa Rei Daviña e Doutor Carús para incluír a praza do Campo do Souto de Rubiáns. Esta era a principal proposta que os grupos da corporación vilagarciá presentaban para modificar o reparto dos fondos anticrise.

    Un a un os voceiros dos grupos políticos foron presentando as súas ideas entre reproches ós socialistas por aprobar o pasado martes o documento sen debatelo antes coas demais forzas políticas. Esquerda Unida acusou ós membros do PSOE de manter unha actitude prepotente e caciquil, e solicitou a inclusión nos fondos de obras como a construción dun xeriátrico ou unha gardería.

    Á intervención de Fajardo seguiulle o voceiro dos populares Tomás Fole. Ademais de propostas como dedicar máis recursos a seguridade viaria e parques infantís, Fole centrou a súa atención en remarcar que o propio socio do PSOE no goberno local, o BNG, non está de acordo co xeito no que os socialistas aprobaron este plan. O voceiro popular acusa ós socialistas de rachar co pacto de goberno e solicita medidas ó respecto.

    Redacción Salnés