O concello visita Vista Real e di que é unha oportunidade para o Salnés

    VISITA_PAZO_VISTA_REALcopy.jpgVILANOVA> Durán recoñece que as instalacións están en mal estado e que a inversión posterior vai ser superior ó custo do Pazo.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_PAZO_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Vilanova xunto ós edís da corporación e técnicos municipais visitaron esta tarde o Pazo de Vista Real para ver de primeira man o estado no que se atopa o inmoble.

    Trinta mil metros cadrados de terreo e uns setecentos de superficie construída son os que configuran a propiedade do Pazo de Vista Real; gran parte ocupados por viñedos e arboredo, unha vivenda principal e outra anexa.

    Na visita da corporación, o alcalde recoñeceu que o emprazamento é inmellorable pero as instalacións están en moi mal estado. A pesares diso, asegurou que é unha oportunidade única para Vilanova e para o Salnés.

    Agora, o seguinte paso é valorar definitivamente as instalacións e agardar a taxación final do arquitecto municipal para decidir xa en xunta de portavoces a oferta que se vai presentar. Polo momento, non está nada decidido.

    Ademais desta inversión inicial, Durán recoñeceu que o gasto posterior para a rehabilitación da propiedade vai ser superior ó custo do Pazo.

    Informou que xa houbo particulares que se achegaron a velas instalacións pero recordou que no caso de que o adquira algún ente privado, a propiedade será expropiada.

    Redacción Salnés