Vilanova reparte máscaras entre os seus veciños ‘porta a porta’

VILANOVA> Vilanova comezou xa o reparto masivo de máscaras entre tódolos seus veciños. En total, vanse distribuír unhas 10.000 unidades, porta a porta. Dende o concello insisten en que as máscaras serven para previr contaxios, pero que non son infalibles. Recomendan seguir mantendo as distancias de seguridade e saír da casa só para o imprescindible.

O Concello de Vilanova comezou xa o reparto masivo de máscaras entre os veciños da localidade. O goberno local ten previsto repartir unhas 10.000 unidades. Están elaboradas por unha empresa da comarca do Salnés, non deixa apenas transpirar e pódense lavar.

Cada veciño de Vilanova recibirá ó longo desta semana unha máscara destas características. O alcalde recomenda que cada membro da familia use sempre a mesma.

Con todo, o alcalde de Vilanova lembra que o uso de máscara non evita un posible contaxio por coronavirus. Pide que todos os veciños extremen as medidas de seguridade e hixiene.

Durán tamén aconsella extrema-las medidas de seguridade durante o reparto. Pide ós veciños que non se acheguen ó persoal que as está a entregar casa por casa, para frear posibles contaxios.

Así e todo, Durán lembra que o virus pode coarse por calquera sitio, polo que insiste na necesidade de quedar na casa e saír só para o imprescindible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí