Comezan en Barrantes as obras de remodelación da Praza Central

    barrantes_100.jpgRIBADUMIA > Esta mañá comezaron en Barrantes, Ribadumia, as obras de remodelación da Praza Central.

    Esta primeira fase de actuación conta cun orzamento de case 60.000 euros e un prazo de execución de tres meses. Nela, a empresa adxudicataria COVSA, acometerá a estabilización de taludes, os peches con varandas metálicas de aceiro e a formación de capas de formigón; que serán as bases para a futura instalacións de parques infantís, creación das gradas e dotación de servizos, como a iluminación e o mobiliario urbano; que se colocarán nas seguintes dúas fases.

    Con esta actuación o Concello de Ribadumia pretende adecentar unha das prazas emblemáticas desta localidade, na que cada mes de xuño se celebra a festa do Viño Tinto do Salnés.

    O goberno local continuará con esta humanización do centro de Barrantes con outras obras, como as reformar da rúa Bouza Martín ata a Praza de Abastos, ca intención de potenciar o comercio local. Para isto, ven de solicitar unha subvención de 165.000 euros á Consellería de Industria para poder acometelas canto antes.

    Redacción Salnés