![]()
POIO > Houbo algúns momentos de tensión entre as familias de O Vao cos medios de comunicación esta mañá, pero en xeral o derribo da última chabola ilegal do …
…poboado xitano desenvolveuse con normalidade e sen oposición ás labores de derrubamento. Foi unha xornada máis tranquila ca das demolicións das outras chabolas ilegais no pasado mes de novembro, e tamén máis lenta, xa que os traballos se retardaron ó compartir a vivenda o mesmo tabique co doutra casa.
A familia afectada, integrada por dez persoas, xa poderá durmir a partir de hoxe na casa que a Consellería de Vivenda lle rehabilitou no entorno do asentamento xitano, logo do rexeitamento social creado en Monteporreiro, onde foran inicialmente instaladas. Xunto deles, tamén comezarán a vivir dentro de pouco outras dúas familias que foran realoxadas no barrio pontevedrés, e que agora viven en hoteis, á espera de que a Xunta remate a rehabilitación das casas que ocuparán no que xa dá en chamar coma poboado de transición.
O proceso dos derrubamentos das chabolas ilegais do Vao comezou en outubro do pasado ano. En novembro leváronse a baixo 11 destas vivendas e ata o de agora, só quedaba pendente este asentamento. Despois de sucesivos aprazamentos, o Concello de Poio executou hoxe a sentencia xudicial que se remonta a hai case dez anos.
Redacción Salnés









