Continúa estancado o conflito da policía de Noia con oito axentes de baixa

conflitopolicia_100_31072008.jpgNOIA > Lonxe de achegar posturas para solucionar o conflito que enfronta á policía local co concello a situación tornouse aínda máis insostible.

{flowplayer}barbanza/conflitopolicia.flv{/flowplayer}

NOIA > A pesar das múltiples reunións mantidas entre ámbalas dúas partes implicadas, o conflito da policía local de Noia non ten trazas de resolverse a curto prazo. O corpo municipal afirma sentirse ninguneado polas continuas intromisións dos membros do goberno no seu traballo que non respecta as decisións dos superiores xerárquicos.

Incumprimento da lei

Pero o problema non remata aquí posto que denuncian o incumprimento da lei galega de policías locais posto que as retribucións salaraias non se corresponden coas novas categorías profesionais destes funcionarios nin contrata o persoal necesario para a cobertura das vacantes.

Os axentes tamén se queixan da escaseza de medios para desenvolver o seu labor axeitadamente no referente a mobiliario, material de oficina ou mesmo vestiario. Denuncian ademais que durante as fines de semana teñen cortado o acceso a internet polo que non poden consultar as bases de datos e, mesmo que lles foi restrinxido, por parte do executivo, o acceso ó padrón municipal e de vehículos.

Baixas

Este cúmulo de circunstancias motivou unha situación similar á que se está a producir noutros concellos de Galicia con oito axentes, dos catorce que conforman o cadro de persoal, de baixa.

Ante o estancamento das negociacións, os axentes non descartan iniciar medidas de presión para conquerir as súas reivindicacións aínda que consideran que o conflito non chegara á súa fin ata que a Consellería de Presidencia tome medidas para garantir a aplicación da lei.

Redacción Barbanza