O Barbanza conta cun novo coche-radar mellor equipado

    radarrianxo_100_140509.jpgRIANXO> O subdelegado do goberno na Coruña, Xosé Manuel Pose,  desprazouse ata Rianxo para facer entrega ó concello dun novo vehículo-radar.

    {flowplayer}barbanza/radarrianxo.flv{/flowplayer}

    Aínda que similares en aparencia, o vehículo novo conta cun equipamento moito máis moderno que o que viña operando na área do Barbanza dende o 2005. Ademais dun novo sistema de medición mediante rádar laser, que mesmo permite colocalo a distancia do vehículo, e un alcolímetro de precisión conta con novos servizos que permitirán un control moito máis eficaz.

    Medidas disuasorias

    Coa dotación destes medios ós concellos, a subdelegación do goberno e a xefatura provincial de tráfico, continúan coas súas campañas para a redución dos accidentes e das vítimas. Son consicentes de que se trata dun problema de educación, con difícil solución a curto prazo, polo que deben optar por este tipo de medidas disuasorias.

    Dende que comezara a funcionar o anterior vehículo, primeiro nos catro concellos de Arousa Norte, e posteriormente tamén en Carnota e Santa Comba son moitos os controis realizados. Aínda así, a porcentaxe de denuncias por velocidade ou alcolemia segue sendo moi baixa o que pon de manifesto a prudencia dos condutores.

    Sen embargo, a pesar de que as cifras melloran o obxectivo da DXT é reducir ó mínimo o número de accidentes. Por iso, o día 13 deste mes púxose en marcha unha campaña de control da velocidade en estradas secundarias. Ademais dende a subdelegación do goberno na Coruña xa se está a estudar a posibilidade de ampliar o número de vehículos radar, máis aló dos doce que na actualidade circulan pola provincia.

    Redacción Barbanza