O porto deportivo de Cabo de Cruz obtén os informes ambientais favorables

    portocabodecruz_100_020307.jpgBOIRO > Portos de Galicia prevé que a adxudicación do porto deportivo de Cabo de Cruz podería realizarse dentro dun par de meses …  

    despois de que o proxecto obtivese uns informes de impacto ambiental favorables. Sen embargo, a nova non causou moito entusiasmo no concello boirés que leva anos agardando unha obra que non chega. O alcalde, Xosé Deira, considera que aínda existen moitos aspectos do proxecto sen resolver e non ve claro o prazo establecido pola administración autonómica.

    O anuncio da futura licitación do porto comercial e do porto deportivo de Cabo de Cruz é, para Xosé Deira, un capítulo máis dunha historia interminable. A pesar de que a Xunta xa informou positivamente sobre o impacto ambiental do proxecto, o alcalde non remata de crerse que a actuación poida ser acometida en tan breve prazo de tempo. Xosé Deira lembra que nos catro anos que leva á fronte do goberno foron moitas as ocasións en que se anunciou o inicio inminente das obras, sen que finalmente se levara a cabo ningunha actuación polo que non celebrará o fin do proceso ata que vexa a documentación por escrito.

    Demora inxustificada

    O concello de Boiro leva moito tempo demandando a ampliación do porto comercial de Cabo de Cruz e a construción dun porto deportivo, proxecto que contribuiría á dinamización económica da vila e de todo o concello. Para o alcalde, esta actuación é unha débeda adquirida pola Xunta de Galicia con Boiro dende hai tempo, motivo polo cal non entende a demora na súa execución.

    Redacción Barbanza