Cun pan e unha árbore baixo o brazo

    apadrinamentoarboresboiro_100.jpgBOIRO> A concellería de Medio Ambiente e a asociación Boiroverde ofrecen apadriñar árbores ós acabados de nacer no municipio.

    En Boiro os acabados de nacer ademais de vir cun pan baixo o brazo tamén virán cunha árbore, grazas a iniciativa que organizaron dende o departamento de Medio ambiente, ca colaboración da asociación ecoloxista Boiroverde. Baixo o lema ‘Crecer coidando a túa árbore’, un grupo de cativos e os seus pais inauguraron hoxe esta orixinal proposta, plantando cadanseu exemplar, desta volta froiteiros, no paseo marítimo do O Saltiño.

    {flowplayer}barbanza/apadrinamentoarboresboiro.flv{/flowplayer}

    Poema espontáneo

    O propósito desta iniciativa é dobre, por unha banda concienciar ós cidadáns sobre o coidado do medio ambiente e pola outra embelecer a paisaxe do municipio. Os pequenos padriños aínda non son conscientes da responsabilidade que teñen. Os seus proxenitores serán os encargados de coidar da planta, ata que os nenos medren.

    Mesmo unha veciña da zona colaborou de forma espontánea no acto de plantación ca lectura dun poema dedicado ás árbores.

    No lugar da plantación, a carón de cada árbore sitúase unha placa na que figuran todos os datos do exemplar así como os do pequeno que o apadriña. Se a iniciativa ten éxito, dende o concello de Boiro pensan repetila nas distintas parroquias.

    Redacción Barbanza