O BNG barbanzán pide a gratuidade dos libros de texto

    BARBANZA> Presentarán en tódolos concellos da comarca unha moción, a través da cal, solicitarán o apoio das respectivas corporacións, para esixirlle á Xunta a volta ó sistema de empréstito. O responsable o BNG da Barbanza, Severino Romero Davila, foi o encargado de presentar ós medios a moción que levarán ós plenos de tódolos concellos da comarca incidiu na necesidade de voltar ó sistema de préstamo universal, avanzando, deste xeito, na gratuidade total de tódolos libros que se empreguen na ensinanza pública. Na moción tamén se alude á necesidade de non modificar os libros de texto para o vindeiro curso escolar naquelas aulas nas que se vai implantar a LOMCE.