O delegado da Xunta visita a futura sede do Grupo de Emerxencias de Noia

NOIA> A comarca noiesa volverá a contar cun grupo de emerxencias. Será posible grazas á inclusión de Noia no novo mapa de emerxencias da Xunta. Aínda así, para que a medida sexa efectiva, deberá tamén recibir o respaldo da Deputación da Coruña e da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Acompañado dos alcaldes de Noia, Porto do Son e Lousame, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a base de Protección Civil de Noia. Unha instalación que, con toda probabilidade, se converterá na nova base do GES. Dende estas instalacións prestarase servizo tamén ós concellos de Porto do Son. Aínda así a decisión final dependerá tamén da súa ratificación por parte da Deputación da Coruña e da Federación Galega de Municipios e Provincias

A supresión do grupo de emerxencias comarcal remóntase xa ó ano 2013. Daquela a medida causara un gran rexeitamento na comarca. Sete anos despois sáldase esa débeda e a comarca noiesa volverá a contar cun equipo de emerxencias supramunicipal que atenderá as urxencias en todo o ámbito comarcal.

A proposta presentada a semana pasada pola Xunta contempla un novo servizo para Noia cun custe de máis de 81 mil euros, unha cantidade que supón máis da metade do custo anual do GES.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí