Gómez Noya quédase sen metal. Cal arrasa no C-1 500.

cal250_190808.jpgSALNÉS > As boas novas chegaron no piragüismo con David Cal e co K-2 de Perucho e Craviotto. As non tan boas en triatlon, con Gómez Noya e Iván Raña que quedáronse ás portas de acadar unha medalla.

Era unha das medallas que se contaba case coma segura, pero ó final non caeu. Gómez Noya quedouse ás portas de levarse o metal que tanto ansiaba, igual que Iván Raña, que pese a todo sorprendeu a todos co seu quinto posto.

Noya chegou con opcións de victoria ó final da carreira, pero os problemas estomacais e as molestias no tendón de aquiles que sufríu impedírendonlle levarse a victoria.

Sí que venceu de xeito incontestable David Cal, acadando o seu pase directo á final de C-1 500 metros. A metade de proba o cangués era quinto pero remontou espectacularmente nunha exhibición de forza para levarse a victoria.

Hoxe debutaban outros padexeiros nos que hai depositadas moitas esperanzas, o k-2 de Saúl Craviotto e de Carlos Pérez ‘Perucho’,  piragüista do Náutico O Muiño de Ribadumia. Por iso se colocou unha pantalla no auditorio ribadumiés, para ver como se clasificaban sen problemas para a final, como segundos da súa serie. Esa final será o sábado ás10:30 a.m. nun auditorio que prevé encherse. Hoxe ademais, o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e David Cal,mediante conexión telefónica dende Pekín, mandaron un saúdo ós alí presentes e agradeceron o apoio mostrado.

A participación galega  completouse coa clasificación para a final de Teresa Portela que foi segunda na súa serie en K-1 500 metros.

Redacción Salnés