BARBANZA> Os emigrantes retornados do Barbanza volveron tomar esta mañá as rúas de Ribeira. Continúan así coa súa loita contra o Goberno Central para que se modifique o criterio fiscal para equiparar as súas obrigas ós dos cotizantes españois.
As rúas de Ribeira volveron vibrar esta mañá ó ritmo de chifres e petardos. Co paso dos anos, os ánimos van minguando, e cada vez son menos os que acuden cada último mércores de mes á convocatoria da Plataforma. E hoxe facíano especialmente molestos, xa que este mes era o último para presentar a declaración do IRPF á que están obrigados, tocándolle a pagar máis que en anos anteriores.
Os afectados seguen a consideran inxustificada a discriminación fiscal que sofren ó estar regulados por uns criterios moitos máis estritos que os xubilados que traballaron en España. Un aspecto este que segundo afirman dende a Plataforma si se tivo en conta en outros países veciños como é o caso de Portugal.
O novo escenario político do que sairá o futuro goberno failles albergar unha pequena esperanza. Confían en que o próximo executivo mostre maior sensibilidade coas súas demandas.