Pasan a disposición xudicial cinco detidos en relación coa planadora da Lanzada

    detidos_100.jpgCAMBADOS > Xa se produciron as primeiras detencións en relación á lancha que o pasado venres supostos narcos queimaron antes de darse á fuga na praia da Lanzada.

    detidos_300.jpgO xulgado de Cambados comezou hoxe a tomarlles declaracións ás cinco persoas detidas nas últimas horas, todas elas da comarca arousá. A investigación aínda segue aberta polo que non transcendeu oficialmente a identidade dos detidos. Segundo puido saber Tele Salnés Barbanza, tres dos detidos son veciños de Cambados, entre eles F. P. R., familiar de Sito Miñanco, e os outros dous de Vilanova, un deles o suposto cabecilla respondería ás iniciais R.F.

    detidos_200.jpgEntre os detidos non están os tripulantes da planadora que foi perseguida o pasado venres polo interior da ría de Pontevedra. Durante esa fuxida, suponse que narcos tiraron a droga pola borda. As forzas de seguridade continúan coas pescudas e o Fiscal Antidroga de Pontevedra sinala que aínda pode haber mil quilos de cocaína na ría de Pontevedra. Ata agora xa se recuperaron algo máis de 1.900 quilos. Estes fardos foron aparecendo a contagotas primeiro a seis millas de Cabo Silleiro, e logo en varias praias do interior da ría de Pontevedra. As forzas de seguridade sospeitan que o alixo que trataría de introducir esta organización podería´superar os 3.500 quilos.

    Redacción Salnés