Durán: ‘É inconcidible que un Concello se faga cargo da repatriación’

    repatriado_vilanova100.jpgVILANOVA> O alcalde, Gonzalo Durán, considera inconcibible que ningunha administración estatal se fixese cargo da repatriación

    {flowplayer}images/salnes/repatriado_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, considera inconcibible que ningunha administración estatal se fixese cargo da repatriación do veciño vilanovés que quedou en coma tras sufrir un accidente en Senegal.

    Grazas ás xestións municipais, José Manuel López Portas, xa está a ser atendido nun hospital de Canarias, a onde viaxaron hoxe varios membros da súa familia, acompañados dos edís Javier Tourís e Evangelina Lago.

    Tourís e Evangelina Lago foron os que directamente lle botaron unha man á familia de José Manuel. Segundo relataron, todos pasaron moita angustia e desesperación ante a falta de apoios para repatriar ó ferido, que se atopaba nun hospital de Dakar en pésimas condicións. José Manuel tiña dous seguros pero ningún se quixo facer cargo dos gastos do traslado a España, que finalmente afrontou o propio Concello, que tivo que pagar algo máis de 16 mil euros.

    Desde o Concello agradecen a colaboración que tiveron do cónsul español en Dakar, que incluso chegou a por diñeiro do seu propio peto para pagar unha ambulancia. Agora, todos esperan que José Manuel se recupere. De momento permanece en coma.

    Redacción Salnés