O Encoro chegou a rexistrar 540 metros cúbicos por segundo

    CONSELLEIRO_MEDIOAMBIENTEcopy.jpgCALDAS> O sistema de predición permitiu, segundo o Conselleiro de Medio Ambiente, que o asolagamento da localidade fora menor.

    {flowplayer}images/salnes/SITUACION_UMIA.flv{/flowplayer}

    O encoro de Caldas de Reis chegou a reter onte tres millóns oitocentos corenta metros cúbicos nun período de dez horas coma consecuencia das intensas precipitacións. Así o informou esta mañá o Conselleiro de Medio Ambiente trala visita realizada onte ó embalse do Umia.

    E foi, tal e coma asegurou Agustín Hernández, grazas ós sistemas de predición meteorolóxica de Meteogalicia, polos que se advertiu desta fenómeno. Deste xeito, preparouse o encoro de modo que tivera resgardo suficiente para absorber a punta do caudal esperado.

    Ademais, na mesma comparecencia, o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, remarcou que desde a tarde- noite do Día de Reis Emerxencias 112 atendeu máis de seiscentas chamadas relacionas co temporal. Para iso, máis de mil cincocentos efectivos en toda a comunidade seguen en alerta.

    A previsión de Meteogalicia apunta que esta borrasca comezará a remitir ó longo da xornada do sábado e desaparecerá o domingo.

    Redacción Salnés