Vilagarcía da o primeiro paso para a peonalización da praza da Independencia

    VILAGARCIA> Arranca a segunda fase de humanización do centro de Vilagarcía. Trala peonalización das rúas que dan acceso á Praza de Galicia, agora vén de convocarse a adxudicación para o proxecto que faga o mesmo coa Praza da Independencia. Un centro de Vilagarcía peonil é o obxectivo do goberno socialista deste concello, que continúa co seu plan de humanización .Tras encamiñar a primeira fase, coas obras de peonalización da Praza de Galicia, a redacción do proxecto e execución da humanización da Praza da INdepedencia xa está en marcha. Cun presuposto de 20.000 euros, a contratación realizaráse polo sistema de “invitación” ó tratarse dunha obra menor. Durante as obras, trataráse tamén de arranxar a propia praza, mellorar a súa imaxe e limpar a fonte. Pero os arquitectos que finalmente se fagan co proxecto, terán que ter en conta unha serie de directrices. Aínda que estas obras peonalización adoitan acarrexar defensores e detractores, esta mañá comprobamos que a gran maioría dos vilagarciáns que pasaron por aquí, teñen claro o resultado positivo que estes cambio supuxo noutras zonas da vila. Desde o concello calculan, que se o proceso continúa sen altercados, e os fondos europeos cos que se financiará chegan en tempo, agardan estar comezando as obras a comezos do próximo ano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/peonalizacion_praza_independencia_vilagarcia_12042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/peonalizacion_praza_independencia_vilagarcia_12042017.mp4{/flowplayer}