Evangelina Lago toma posesión como patrona maior de Vilanova

    evangelinalago_100_160207.jpgVILANOVA > A nova patrona maior da confraría de Vilanova de Arousa, Evangelina Lago, tomou posesión do seu cargo onte á noite na sede do…

    …pósito, ante os novos membros do cabildo vilanovés. Segundo a nova patrona maior, as prioridades son traballar para mellora-la situación dos traballadores e os temas de vixiancia dos bancos marisqueiros.

    Evangelina Lago é dende a pasada noite a nova patrona maior da confraría de Vilanova. Lago accede a este posto logo dun proceso electoral conflictivo cuxo resultado dos comicios celebrados a finais do pasado mes de de xaneiro aínda non foi ratificado pola Consellería de Pesca por unha presunta irregularidade no censo. Coa elección da antiga presidenta da agrupación de mariscadoras, Evangelina Lago abre un novo periodo na dirección da confraría, logo das dúas décadas de Eduarado Martínez ó frente do pósito, e para o que a nova patrona tivo palabras de recoñecemento e loubanza ó seu traballo e á súa persoa.

    Segundo Evangelina Lago, as prioridades do novo cabildo serán as de loitar por unhas condicións de traballo e un salario dignos para todos os traballadores dependentes da confraría. Tamén destacou como labor fundamental a de loitar contra o furtivismo co respaldo tanto das institucións coma do resto das confrarías, para o que se reforzará a vixiancia nos bancos marisqueiros.

    Redacción Salnés