Os Reis Magos chegan os concellos do Salnés

    cabalgatavilla_100copia.jpgSALNÉS > Este sábado Melchor, Gaspar e Baltasar, foron recibidos por centos de persoas da comarca, a pesar do mal tempo que imperou na xornada. Sanxenxo foi un dos concellos …

    … onde o desfile real invadiu as rúas da vila. Non faltaron no pasarrúas os caramelos que tanto neste concello coma en moitos galegos, eran sen gluten, ou o que é o mesmo, aptos para as persoas celíacas. Ademais, as tres maxestades de Oriente tamén aproveitaron a xornada para asegurarse de que os agasallos que levaban nas súas carrozas, eran os rapaces lle pediran nas súas cartas. Iso si, non traían nada de carbón, xa que todos aseguran, foron moi bos durante este ano.

    En Cambados, e como a presa mandaba ese día, os reis chegaron en descapotable. Na praza de Fefiñáns, foron recibidos polo alcalde e por unha numerosa comitiva de cambadeses. Logo veu o desfile que tanto agardaban os máis pequenos da casa, ansiosos de que chegara noite para que os reis deixaran nos seus fogares os agasallos que levaban esperando todo o ano.

    Onde se anticiparon os reis co reparto dos xoguetes foi en Vilanova, onde centos de rapaces recibiron da man de Gaspar, Melchor e Baltasar, un agasallo. Foi no pavillón da vila, que estivo o sábado ateigado de xente.

    A entrada dos paxes reais en Vilagarcía, anunciou no serán da véspera de Reis a chegada das tres maxestades de Oriente. A chuvia que caeu durante algúns momentos do desfile e o orballo non impediron que centos de rapaces acompañados polo seus pais presenciaran un pasarrúas no que non faltaron as os caramelos, tamén sen gluten. O mal tempo tampouco botou atrás a Gaspar, Melchor e Baltasar, os que agardaba unha dura xornada de traballo, para os máis pequenos, a noite máis máxica do ano.

    Hoxe, os estudantes poden disfrutar dun día sen clases no que poder gozar de tanto agasallo. Seguro que a maioría foron os que eles pediran.

    {flowplayer}images/salnes/cabalgatasreis.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés