![]()
SALNÉS > Ribadumia vestíuse de gala onte para recibir ó seu gran heroe, Carlos Pérez Rial. O campión olímpico de k-2 recibíu unha merecida homenaxe, primeiro no Concello e despois no Náutico O Muiño, homenaxe na que se deron cita centos de persoas e moitas autoridades políticas, entre elas o Presidente do Partido Popular Mariano Rajoy.
{flowplayer}images/salnes/recepcionPerucho_270808.flv{/flowplayer}
Ninguén quixo faltar onte á gran homenaxe que se lle deu a Carlos Pérez en Ribadumia. Primeiro no Concello e despois na sede do club, o padexeiro deuse un auténtico baño de multitudes.
Os recoñecemento e agasallos que recibíu o cangués foron innumerables: placas conmemorativas, un reloxo e a promesa da alcaldesa de que levará a Pleno a proposta de facerlle fillo adoptivo de Ribadumia.
Despois de asinar no libro do concello, a verdadeira festa comezou na sede do club. Alí víuse nunha pantalla xigante a súa carreira repetida; despois, os rapaces aproveitaron a ocasión para pedirlle fotos e autógrafos ó seu novo ídolo, que acompñado polos seus pais e pola súa noiva Adriana, dixo sentirse coma en casa.
Se por algo se caracterizou a recepción de onte foi pola gran cantidade de políticos que houbo, representando á corporación municipal e á Deputación de Pontevedra. Pero se houbo alguén que lle puido rouba-las miradas a Perucho foi o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, que presentouse por sorpresa no acto para dárlle-la noraboa ó campión.
Prácticamente sen descanso, Perucho continuará a recibir homenaxes, en Aldán e Cangas, e afrontará esta fin de semana o Campionato de España de Pista que se celebrará no embalse de Trasona, en Asturias.
Redacción Salnés







