SALNÉS> O Circuíto Galego de Promoción trasladouse a Lalín onde o resultado máis destacado foi a victoria en infantís de Julio Suárez, que lle coloca preto de alzarse co subcampionato.
Estes días celebrouse a segunda edición do Torneo Concello de Lalín, unha proba valedeira para o Circuíto Galego de Promoción. Alí reuníronse máis de 200 xadrecistas, moitos deles chegados dende Vilagarcía, do Club Fontecarmoa. Entre eles, Julio Suárez que tivo un papel destacado en infantís, categoría na que se alzou coa victoria. Os puntos acadados permítenlle colocarse nunha boa posición para alazarse co subcampionato, toda vez que o seu compañeiro de club, Lucas Abal, xa logrou o título matemáticamante no último torneo disputado. Nesta mesma categoría Infantil ou sub-14 Juan Andrés Bayón finalizou en séptima posición polo que mantense sexto na xeral.
Outro dos resultados destacables deuse en Benxamíns onde Jorge Segura foi terceiro, o que lle permite ascender á cuarta posición da xeral e achegarse ós postos de cabeza, aínda que o título o ten case imposible.
En Cadetes, Andrés Varela foi cuarto por diante do seu compañeiro Luís Segura que rematou quinto. A victoria recaeu no xogador Universidade de Vigo Jorge Iglesias, que afiánzase no lderato.
Ademais, en Alevíns Andrea Dorado rematou nunha meritoria séptima posición, polo que mantense segunda na xeral femenina, mentres que en Promesas, Andrés Rodríguez tamén foi séptimo.
O Circuíto Galego de Promoción fará a vindeira parada precisamente en Vilagarcía, onde se celebrará o Open McDonalds este sábado 22 de outubro. Despois desta proba tan só quedarán dúas para o remate.
Redacción Salnés