Ero emula a Marcos e vaise do Céltiga ó Portonovo

SANXENXO> A dirección deportiva da sí un paso máis no seu obxectivo de recuperar a xogadores formados en Baltar.

O Portonovo volve a ser protagonista do mercado futbolístico. O club de Baltar confirmou esta mañá a contratación para a temporada que ven de Ero Sobral. Un dianteiro de calidade contrastada e que a temporada pasada militou no Céltiga. Volve deste xeito ó Portonovo despois do seu paso pola Illa.

A dirección deportiva continúa así recuperando a xogadores que foran criados na canteira de Baltar, para un proxecto no que pretenden contar con moita xente da casa.

Se a semana pasada foi o porteiro Marcos Bermúdez o que asinou coa entidade arlequinada, agora outro canteirán como Ero fai a mesma viaxe de volta dende o Céltiga ó Portonovo.

Redacción Salnés