Unha ducia de rapaces discapacitados psíquicos tiveron a oportunidade de achegarse ó mundo da vela

POIO> Foi a través do programa que está a desenvolver o Grupo Achega. Unhas xornadas que pretenden sacar a estas persoas da súa rutina habitual e achegalas ó mundo do deporte. Deporte e Mente sen Barreiras. É nome do programa que desenvolve o Grupo Achega destinado a persoas con discapacidade física e psíquica. Despois de pasar a semana pasada por Vilagarcía, hoxe tocou Poio, o Náutico de Combarro. Alí unha ducia de rapaces pertencentes á Asociación Xoán XXIII de Pontevedra desfrutaron dunha tarde en torno á vela. A clase que se desenvolveu esta tarde foi impartida por un mestre do Náutico de Combarro. Tamén estivo presente a concelleira de deportes Margarita Caldas, quen amosou o seu apoio a que este tipo de iniciativas se sigan levando a cabo. Despois do seu paso por Combarro, Deporte e Mente se Barreiras visitará Santiago o día 22, con actividades de GoalBall e o día 23 estará en Mos, con Hipoterapia, na Escola Hípica de San Cosme. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/discapacitados600_111013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/discapacitados_111013.mp4{/flowplayer}