Un novo vertido no Con causa unha gran mortandade de peixes

    vertido_con100.jpgVILAGARCÍA > O río do Con está a sufrir unha nova agresión medioambiental que está causando unha gran mortandade de peixes, …

    {flowplayer}images/salnes/vertido_con.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O río do Con, no concello de Vilagarcía, está a sufrir unha nova agresión medioambiental que está causando unha gran mortandade de peixes, aínda sen cuantificar. Os veciños de A Laxe, a zona mais afectada, foron os que avisaron ás autoridades. Axentes do Servizo de Conservación da Natureza e de augas de galicia continuaban hoxe traballando nun operativo de limpeza.

    A Consellería de Medio Ambiente investiga a procedencia deste vertido contaminante e asegura que este é puntual. O vertido, que era dunha tonalidade vermella e en algúns puntos cheiraba moi forte, chegou ata o centro urbán de Vilagarcía. Os veciños de A Laxe móstranse preocupados pola importante mortalidade dos peixes e aseguran que esta mancha contaminante pode dirixirse cara os campos de cultivo de Carril ou as bateas de Vilanova.

    Onte os axentes da Conservación da Natureza tomaron mostras de auga para poder determinar a orixe e responsabilidade deste vertido. Nuns días a Consellería de Medio Ambiente espera poder coñece-los resultados e cuantifica-los danos para abrir o correspondente expediente sancionador.

    Redacción Salnés