Veciños de Rubiáns protestan polas consecuencias das obras da variante

    rubians_100.jpgVILAGARCÍA > Veciños da Rúa Gandariña, de Barbeitos en Vilagarcía denuncian as avenidas que asolagan estas rúas…

    … cando chove con intensidade. Cada vez que caen precipitacións en abundancia, estes vilagarciáns comproban como a choiva trae consigo ata a porta das súas casas unha mestura de barro, pedras e restos de árbores. Estes afectados aseguran que esta situación se está dando desde que comezaron as obras de circunvalación de Vilagarcía sen que o Concello ou o Ministerio de Fomento, promotor das obras, fagan nada para remedialo.

    Estes veciños aseguran que están fartos de pedir ó Concello que limpe as rúas ou que fagan as correspondentes canalizacións de augas para que as súas casas non se asolaguen e para que as rúas sigan sendo transitables. Unha petición que ata o de agora non obtivo resposta.

    Neste lugar da Gandariña declaran tamén que desde o consistorio os teñen esquecidos, posto que hai outras necesidades que tampouco teñen atendidas. Un exemplo desta falla de atención a este lugar son estes postes do tendido telefónico que están situados no medio da rúa. Desde este recuncho de Vilagarcía piden pois que se lles retiren estes postes canto antes sen custe algún para os veciños, antes de que chegue a producirse algunha desgracia.

    Redacción Salnés