RÍAS BAIXAS> Na ponte das Letras Galegas chega unha nova edición da Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas. Nesta cita van participar 22 adegas do Salnés, con xornadas de portas abertas de balde. A proposta complétase con máis dunha ducia de actividades, co viño mesturándose coa paisaxe, o patrimonio ou a gastronomía.
Na fin de semana das Letras Galegas, a Ruta do Viño Rías Baixas convídanos a participar na súa Primavera de Portas Abertas. Trátase dunha iniciativa máis que consolidada dentro da estratexia enoturística conxunta das cinco rutas do viño que temos en Galicia.
Na proposta que deseñou a Ruta do Viño Rías Baixas están implicadas 22 adegas, que ofrecen visitas de balde entre o 16 e o 18 de maio, con reserva previa.
A Primavera de Portas Abertas complétase máis dunha ducia de actividades, deseñadas para a ocasión. En todas elas o viño mestúrase, co paisaxe, a natureza ou a gastronomía do país.
A todo isto hai que sumar os máis que populares buses do viño. Nesta edición vanse mobilizar 8 autocares. En apenas uns días xa se cubriron as case 200 prazas dispoñibles. Unha resposta inmellorable que non impide que cada quen poida achegarse pola súa conta ás adegas ao longo da fin de semana.
Unha resposta inmellorable que non impide que cada quen poida achegarse pola súa conta ás adegas ao longo da fin de semana.
Toda a información relativa á Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas pódese consultar na súa páxina web e nas súas redes sociais.











