A comunidade educativa do colexio de Escarabote esixe o arranxo do centro de ensino

    deficienciascoleescarabote_100_080908.jpgBOIRO > Os pais e a dirección están fartos de solicitar continuamente ao concello de Boiro que se faga cargo do mantemento das instalacións

    Dende a dirección do colexio remitiron sendos escritos ao concello de Boiro e a Consellería de Educación para que se fagan cargo das reparacións e arranxos antes de que a continua deterioración supoña un perigo para a seguridade dos alumnos.

    Arranxos urxentes

    O vindeiro venres os máis de cento trinta alumnos de infantil e primaria do colexio de Escarabote iniciarán un novo curso escolar.

    Así, creen que seria prioritario o amaño do valado do patio de infantil, a adaptación dos xogos á normativa e o cambio da area do areeiro.

    Tamén esixen urxencia para a reparación das fechaduras de emerxencia das portas exteriores do pavillón de primaria, dado que ante unha situación de perigo non se pode utilizar esta saída ao estaren bloqueada.

    {flowplayer}barbanza/deficienciascoleescarabote.flv{/flowplayer}

    Demandas antigas 

    Algunhas destas demandas, segundo explicou o director do colexio, véñense solicitando dende hai máis de catro anos como o repintado da varanda da grada da pista exterior ou da sala de profesores onde se acumula a humidade.

    A isto súmase a necesidade de reparación da zona da cuberta e o portalón do pavillón polideportivo así como a canalización da recollida de auga dado que xa se están a producir pinqueiras na instalación.

    Tarefas de mantemento

    Malia que durante os meses de verán o persoal de servizos do centro realizou limpeza e levou a cabo tarefas de mantemento e que nestes días operarios do concello pintan e acondicionan as aulas, dende a dirección esixen máis implicación das administracións.

     

    Redacción Barbanza