Dieste asume a presidencia de Arousa Norte

    BOIRO> A Mancomunidade seguirá coa súa aposta polo turismo accesible. Baixo o mandato de Xoán Xosé Dieste que esta mañá asumía a presidencia da Mancomunidade, Arousa Norte seguirá a apostar polo turismo accesible. Entre as primeiras xestións que deberá abordar o novo presidente figura o convenio anual coa axencia galega de turismo que ademais da accesibilidade incluirá, como novidade, o deporte como factor de atracción turísitica. Estes proxectos, xunto coa campaña promocional Alma de Mar, serán presentados a vindeira semana en FITUR, a onde se desprazará unha delegación de Arousa Norte. Ó longo deste ano, a mancomunidade acollerá eventos de importancia a nivel nacional e internacional. O próximo mes visitarán a comarca os delegados territoriais da ONCE en toda España e entre o 13 e o 19 de abril celebrarase no Barbanza o IX Encontro Nacional de Persoas Maiores e Xordas. Tamén en abril, desprazarase ata Arousa Norte unha delegación do Royal National College de Dublín.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí