As obras na autovía da Barbanza obrigan a pechar varios enlaces

    pecheenlacesautovia_100_080908.jpgBARBANZA > Os cortes produciranse ao longo desta semana e afectarán aos accesos de Rianxo, Espiñeira e Pobra Norte e Sur.

    Aínda así os cortes non se producirán de forma simultánea para garantir que cada municipio conte, cando menos, cun enlace operativo.

    Dúas direccións

    No caso de Rianxo e Boiro trátase de cortes totais en ámbalas dúas direccións motivados pola extensión nda capa de rodadura nos ramaios de enlace así como traballos na calzada esquerda no caso de Espiñeira.

    Cortes parciais

    Nos enlaces da Pobra os cortes serán parciais polo que seguirá aberta a saída na marxe dereita en dirección a Ribeira.

    En calquera caso, a Consellería de Política Territorial garantiu que os peches non se realizarán de xeito simultáneo co fin de garantir que estes concellos conten sempre cun enlace operativo.

    {flowplayer}barbanza/pecheenlacesautovia.flv{/flowplayer}

    O inicio dos traballos e o desenvolvemento das obras dependerá das condicións climatolóxicas polo que, de momento, o departamento autonómico non pode avanzar o día exacto de cada corte e a súa duración.

    Pero cando se proceda ós peches, estes estarán debidamente sinalizados e a Consellería itá informando das previsións dos cortes ó longo de toda a semana. 

    Extremar as precaucións 

    Neste sentido, fan un chamamento ós condutores para que extremen a precaución nunha estrada que compatibiliza a circulación de vehículos coas obras de desdobramento en autovía.

     

    Redacción Barbanza