O Vilalonga sorprende ó Cerceda cun xogo de alto nivel

futbol250_080908.jpgSALNÉS > Mala xornada de novo para os equipos de Salnés na Terceira División. Derrotas de Céltiga e Portonovo e empate do Arousa. Tan só o Vilalonga foi quen de gañar, eso sí, tras facer un auténtico partizado fronte ó Cerceda.

Gran victoria do Vilalonga. Os de Gabi Leis amosaron unha excelente imaxe ante un rival chamado a estar nos postos de ascenso como o é o Cerceda. O 2-0 final non reflicte a superioridade dos celestes que puideron facer moitos máis goles, sobre todo antes de que Rubi fixera o primeiro no minuto 61. Iago, dez despois, firmou o outro tanto local.

O Céltiga non puido co líder da categoría, o Alondras, co que caeu en San Amaro por 2-1. Auténtico partidazo por parte dos dous conxuntos, cheo de ocasións e no que tamén se xogou con dureza. Froito desa loita, os de Josiño quedáronse con dez homes trala expulsión de Kelvin no 44. Con 1-0 en contra no marcador e un menos, foron que de empatar grazas un gol de Victor Uhía. A resistencia dos da Illa chegou ata o minuto 80 cando Santi Domínguez puxo o 2-1 que deixou os puntos na casa.

 Doeu tanto como unha derrota o empate colleitado onte polo Arousa na casa ante o Somozas. Os de Laxes fóronse 2-0 ó descanso, con tantos de Hugo Soto e Luis Alberto pero tras unha desastrosa segunda metade deixaron escapar dous puntos, que ben puideron ser os tres.

E tres foron os que recibíu o Portonovo no Vao ante o Coruxo, que dominou o partido de principio a fin. No ’22 Antúnez e no ’27 Nico, puxeron un 2-0 que foi unha losa demasiado pesada de levantar.

Mellor foron as cousas en Preferente Autonómica coas victorias do Unión do Grove por 3-0 ante o Porriño e do Ribadumia por 2-1 co Salvaterra e co empate do Sanxenxo en Tomiño (1-1).

Redacción Salnés