Stop Desafiuzamentos Barbanza solicita un parque de vivendas baleiras en Ribeira

RIBEIRA> A través dun escrito remitido ó Concello, o voceiro da plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza, José Manuel Pena, pídelle ó alcalde, Manuel Ruíz, que habilite un parque de vivendas baleiras que se poida pór a disposición das familias en risco de ficar na rúa, desprovistas de alternativa habitacional algunha.

Dende Stop Desafiuzamentos referíronse tamén ó escaso partido do programa de Vivendas Baleiras asinado entre o IGVS e a FEGAMP que viña precisamente a dar solución a este problema ó qe se acolleron practicamente a maioría de concellos da zona, aínda que os resultados non foron os agardados.

No escrito tamén lle solicita a posibilidade de que o Concello poida acollerse á atribucións que concederá a futura lei de vivenda do Goberno do Estado, en relación ó aumento do IBI ós grandes propietarios, con máis de dez vivendas baleiras que non as poñan en réxime de alugueiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí