O BNG homenaxea a Castelao no seu 68 cabodano

RIANXO> A portavoz nacional, Ana Pontón, apelou á ilusión e á esperanza do histórico galeguista para o recoñecemento de Galicia coma nación no debate sobre cambio do actual marco constitucional.

Nun acto político celebrado no auditorio municipal, no que tamén interviron a responsable comarcal de Galiza Nova, Elvira Blanco e o alcalde, Adolfo Muíños, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, referiuse a que Galicia non pode quedar no vagón de cola, debe ser protagonista no momento no que no resto do Estado se debate un cambio no actual marco constitucional.

Posteriormente os actos trasladáronse ata o Paseo da Ribeira. alí como de costume, ante o busto do histórico nacionalista, realizouse unha ofrenda floral baixo os acordes do himno galego.