Veciños da Ribeiriña instan a Costas a axilizar o derrube das fábricas abandonadas

    vecinosribeirinaderrubefabrica_100_150908.jpgA POBRA > Dan tres meses de prazo as autoridades para que inicie os traballos de demolición da antiga Hadasa e A Onza de Ouro

    Máis dun cento de veciños de A Ribeiriña, O Conchido e Escarabote déronse cita nas instalacións deportivas situadas a carón do local da asociación de veciños A Cubela.

    Nun principio, a xuntanza estaba prevista que tivese lugar na explanada da fábrica A Onza de Ouro pero non se puido celebrar nese lugar dado que os veciños non solicitaran o conseguinte permiso para poder realizar a concentración.

    {flowplayer}barbanza/vecinosribeirinaderrubefabrica.flv{/flowplayer}

    Evitar máis accidentes

    Con esta medida de presión pretende evitar accidentes como o acontecido a pasada semana no que un mozo boirés faleceu ao caer dende o tellado dunha destas instalacións ruinosas. 

    O presidente da asociación de veciños, Xosé Manuel Romero deu conta da xuntanza que hai uns días mantiveron co alcalde do concello de A Pobra, Isaac Maceiras que se comprometeu a comezar co derrubamento das fábricas nun prazo máximo de tres meses, tempo necesario para realizar as xestións que quedan para que os inmobles pasen a ser de titulariedade estatal.

    Lugar de esparexemento

    Tamén esixen que se leve a cabo un plan urbanístico para adecentar a explanada onde se emprazan as fábricas e construir alí ou ben unha infraestrutura polideportiva o lugar de ocio dos veciños.

    Se pasado este prazo non se procedese a tirar con estes inmobles os veciños teñen claro que seguirán coas medidas de presión que se traducirán en movilizacións e protestas diante do concello.

    Redacción Barbanza