A ex – directiva da Unión despídese coa presentación do rueiro do Castro

    BOIRO > Un dos últimos actos públicos da xunta directiva saínte da Asociación de Veciños A Unión foi a presentación dun rueiro da parroquia de Santa María do Castro, unha iniciativa na que levaban traballando máis de dous anos. Na elaboración desta relación de nomes, o colectivo veciñal boirés optou por recompilar un centenar de topónimos tradicionais.

    Non querían marchar sen antes presentar este rueiro no que puxeron os seus maiores esforzos nos últimos anos.

    O xa ex-presidente da Asociación, Anxo Torrado, explicou que o obxectivo que se marcaron ó elaborar este rueiro non era outro que tratar de recupera-los nomes cos que popularmente se coñecían tódolos lugares da parroquia para o que tiveron que realizar un duro traballo de campo.

    O presidente da Unión destacou o importante número de persoas que colaboraron na elaboración deste callejero. De feito, sinalou que a idea xa partira de membros da anterior directiva da asociación, da que mesmo chegaron a herdar un borrador.

    Aínda así a intención dos directivos saíntes da Unión pasa porque tódolos veciños da parroquia se involucren no proxecto e axuden a mellora-lo resultado final. Para iso, a asociación colocará pracas provisionais cos nomes elixidos para vías e prazas, así como tamén paneis, co fin de que tódolos veciños coñezan o rueiro.

    A decisión final sobre a denominación das calles estará despois nas mans do concello xa que será o pleno da corporación o que ten que someter a votación o novo rueiro.

    A colocación das pracas provisionais terá lugar durante os próximos días. A súa adquisición foi sufragada con fondos do colectivo veciñal aínda que da súa colocación encargarase persoal do propio concello.

    Redacción Barbanza