Nova manifestación dos empregados de Cedonosa

    cedonosa_manif_100.jpgCATOIRA > Os empregados da fábrica de Gres Cedonosa de Catoira volveron a manifestarse esta tarde para pedir que se free o expediente de regulación…

    … de emprego que está levando a cabo a dirección da empresa. Desta volta o acto reivindicativo consistiu nunha marcha a pé desde as inmediacións da empresa ata o Concello. Momentos antes desta marcha, o comité de empresa ofrecía unha rolda de prensa para explicar o estado actual do conflicto.

    A día de hoxe o expediente de regulamentación de emprego, que instrúe o xulgado do mercantil número 2 de Pontevedra, cifra en vinteúnha as extincións de contratos e en quince as persoas que pasan a ter contrato fixo descontinuo. Deste xeito pasouse de 112 empregados no mes de abril, a 76 que hai arestora, e que se pretenden reducir aínda máis noutros 36 empregados. Esta brusca rebaixa no emprego non quixo ser negociada por parte da directiva da empresa que decidiu facer as cousas, segundo os empregados polas bravas.

    Hoxe por hoxe, esta empresa deixou de producir uns 150.000 metros cadrados de gres entre as factorías de Teruel e de Catoira; unha reducción da producción que os asalariados non entenden posto que aseguran que é unha empresa rendible e que non dá abastecido os pedidos dos seus clientes dada a ineficacia da súa equipa directiva.

    Os traballadores e traballadoras de Cedonosa aseguran que toda esta situación é un sensentido que non alcanzan a entender, orixinado por unha loita de poder da directiva accionarial, que está inmersa nunha lea continua polo control da factoría. Unha situación que os fai merecentes de duras críticas por parte dos manifestantes.

    Estes afectados aseguran que van a seguir manifestándose e loitando por manter estes postos de traballo na comarca ata as súas últimas consecuencias. O único positivo do caso é o apoio do global da cidadanía e dos distintos grupos políticos locais.

    Redacción Salnés