Récord de participación na Carreira Popular de Meaño

meao250_150908.jpgMEAÑO > Manuel Penas levouse o triunfo despois de realizar un ataque seco a falta dun quilómetro para o final.

O atleta Manuel Penas adxudicouse onte a victoria na24ª Carreira Popular de Meaño. O corredor arzuán foi o máis rápido dos máis de 650 deportistas que se deron cita na proba, un novo record de participación.

Penas levou a cabo unha estratexia conservadora, manténdose co grupo de cabeza en todo momento e deixando que o peso da carreira a levasen outros, entre eles José Antonio Ramallo, defensor do título.

Deste xeito gardou forzas para, a un quilómetro da meta, cambiar de ritmo e levarse a victoria. Elías Domínguez foi segundo e terceiro Rafael Fuentes.

Con este, Manuel Penas suma xa tres títulos en Meaño.

A portuguesa Claudia Pereira foi a vencedora entre as mulleres.

Redacción Salnés