POBRA> Está acusado dunha presunta estafa, falsidade documental e apropiación indebida polo que a fiscalía pide para el un total de doce anos de cárcere. Dende o pasado martes, desenvólvese na Audiencia Provincial, en Santiago, o xuízo contra Francisco Javier Otero García, exdirector da antiga sucursal de CaixaBank na Pobra, acusado dunha presunta estafa, falsidade documental e apropiación indebida de 1’9 millóns de euros a un total de 14 clientes da entidade. Durante estes días foron pasando polo tribunal diferentes testemuños, moitos deles os propios afectados, que acusaron ó exdirector de aproveitarse da súa confianza para apropiarse dos seus aforros sen o seu consentimento. Tamén pasaron pola sala varios traballadores da propia entidade bancaria e dous investigadores da garda Civil que se encargaron do caso. Todos eles reiteraron a responsabilidade do exdirector nos delitos que se lle imputan, acusándoo de levar unha contabilidade paralela e ilegal valéndose do seu cargo. O xuízo remata mañá e a fiscalía pide para el un total de doce anos de cárcere.
Inicio Barbanza - Muros - Noia