A Pobra prepárase para recibir a máis de 50 mil persoas na procesión do Nazareno

    nazareno_100_160908.jpgPOBRA > A vindeira fin de semana desenvolveranse as festas do Nazareno. O principal atractivo será, un ano máis, a tradicional procesión das Mortaxas.

    {flowplayer}barbanza/nazareno.flv{/flowplayer}

    O disparo de 21 morteiros ás 12 da mañá do venres marcarán o inicio das Festas do Nazareno. Sen embargo o pistoletazo oficial de saída dos festexos non terá lugar ata as nove da noite, coa lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do reverendo Jaime García Rodríguez, un antigo párroco da vila, que agora está a desempeñar a labor de misioneiro en Bolivia.

    Como tódolos anos, xunto cos oficios relixiosos, a música adquire nesta festas un papel protagonista ao longo das diferentes xornadas. Así, pola mañá haberá pasarrúas de diferentes grupos de gaitas, ademais de concertos de varias bandas de música, entre as que destaca a Escola de gaitas e danzas de Caramiñas, que actuará a mañá do domingo.

    As actividades programadas para as tardes estarán destinadas aos máis pequenos da vila. Así, mentres o venres e o sábado, os nenos desfrutarán do parque infantil Pueblalandia instalado na praza maior, a tarde do luns reuniranse co gallo do espectáculo infaltil do show dos paiasos.

    Actuación estelar

    Polas noites, a verbena chegará amenizada por diferentes orquestras, destacando a actuación estelar preparada para a noite do domingo, a cargo do grupo musical Kiko e Shara.

    Procesión multitudinaria

    Pero sen dúbida, como ven sendo tradición, a procesión votiva das Mortaxas converterase no principal atractivo destas festas declaradas de interese turístico galego, que sairá ás dez e media do domingo da igrexa do Castelo e para a que se agarda a chegada á vila dunhas 50.000 persoas.

    A comisión de festas habilitou para este día a zona do peirao comercial como aparcadoiro co fin de albergar ao maior número de vehículos posible. Xa a noite do luns, como ven sendo habitual nestes últimos anos, ás 12 da noite terá lugar a gran queima de fogos artificiais e acuáticos.

    Sorteo viaxes

    Ademais, como novidade este ano, unha vez rematados os fogos, na praza Segundo Durán proceserase ao sorteo de dúas viaxes de fin de semana para dúas persoas a Barcelona, por xentileza do bar A Terraza de Chicolino.