O centro de Espiñeira consolídase como referente formativo a nivel comarcal

BOIRO> O Centro de Formación de Espiñeira, en Boiro, incrementou nun 200 por cento a súa oferta formativa nos últimos anos converténdose nun servizo de referencia a nivel comarcal. Na actualidade acolle un obradoiro de emprego de xestión forestal e o Plan Integrado de Emprego para Mulleres.

O alcalde de Boiro achegouse  ata o Centro de Formación de Espiñeira para coñecer de primeira man as iniciativas que se están a desenvolver nas instalacións. Unha delas, o obradoiro de xestión forestal, forma a vinte alumnos que veñen de rematar a formación teórica e iniciaron xa as prácticas en varios espazos públicos do municipio.

Trátase do segundo obradoiro en materia de xestión forestal despois de tres módulos de hostalería e restauración.

O alcalde informou tamén do fin do proceso de selección das cen participantes no Plan Integrado de Emprego que acaba de comezar no centro.

Nesta cuarta edición, o concello agarda acadar os mesmos índices de inserción laboral que nas anteriores nas que nunca baixou do 50 por cento. Xunto a estas dúas accións formativas, o centro acollerá nos próximos días varios cursos de cociña en colaboración coa Deputación d Coruña coa que o concello vén de asinar o mes pasado o convenio para a dinamización do coworking adheríndose á rede provincial. No apartado de viveiro, o centro conta con tres empresas plenamente instaladas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí