O PSdeG reclama unha EDAR propia para o futuro polígono do Barbanza

    lagepoligono_100_160908.jpgBARBANZA > O PsdeG ten previsto presentar unha serie de iniciativas no Parlamento para mellorar o proxecto do polígono comarcal do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/lagepoligono.flv{/flowplayer}

    A creación dun macropolígono supramunicipal entre os concellos de Ribeira e A Pobra permitirá dotar a esta bisbarra de preto de cincocentos mil metros cadrados de chan empresarial para a instalación das industrais que contribúan a darlle o pulo definitivo á zona.

    Depuradora propia

    Dende o PsdeG consideran que o proxecto, impulsado pola Consellería de Vivenda e Solo, satisfará unha vella demanda do empresariado da zona e traerá importantes beneficios aínda aque consideran necesario introducir unha serie de correccións. Entre elas, a máis importante, reside na necesidade de que o macropolígono conte cunha estación depuradora propia para evitar prexuízos ás localidades nas que se asenta.

    Outro dos aspectos ós que se refiren os socialistas é o soterramento das correntes de augas que discorren por estes terreos contemplado no proxectos. Segundo os socialistas, sería máis axeitado plantexar a canalización das augas para protexer as fontes e manantiais.

    Nos próximos días, o deputado socialista presentará unha serie de iniciativas encamiñadas a introducir estas melloras no proxecto, que na actualidade se atopa en fase de exposición pública

    Campaña informativa

    Paralelamente á presentación de alegacións por parte dos socialistas galegos, a agrupación local desta formación en A Pobra informará do proxecto sectorial do macropolígono aos veciños afectados polo seu emprazamento. A primeira das charlas terá lugar mañá no local da asociación de veciños do Camiño Ancho.

    Antes de que remate o período de exposición pública, os integrantes desta formación política trasladarán aos veciños afectados todos os detalles sobre o proxecto sectorial para que así poidan tamén presentar alegacións.

    Ademáis de informar aos veciños, os socialistas de A Pobra darán máis pasos para tentar introducir melloras no proxecto do parque empresarial do Barbanza. Segundo anunciou o seu voceiro Andrés Rey teñen a intención de manter entrevistas cos responsables das Consellerías da Xunta de Galicia implicadas na redacción do documento.

    Acordo municipal

    Tamén abogan polo impulso dun acordo na Pobra entre as forzas políticas e sociais do municipio para presentar conxuntamente propostas que melloren o proxecto de contrucción deste macropolígono comarcal e permita facer compatible o desenvolvemento económico da comarca e a protección do medio ambiente.

    Redacción Barbanza