Este Nadal os seus dereitos están en xogo

    NOIA> Os dereitos dos nenos están en xogo este Nadal. É o que reza o lema deste ano da Campaña de recollida de xoguetes de Cruz Vermella, O obxectivo: entregar máis de 2.000 xoguetes novos, no bélicos e non sexistas ás familias que máis o necesitan. Visitamos un dos puntos de recollida do Barbanza.

     

     Porque a ilusión do Nadal non debería ter condición social…e nin sequera, debería ter idade. Cruz Vermella xa ten en marcha a súa campaña anual de recollida de xoguetes. Máis de 350 oficinas en toda España, once delas na provincia da Coruña, mobilizando a 150 voluntarios que fan chegar un sorriso alí onde máis escasea.O local de Cruz Vermella Noia é un dos 3 puntos de recollida de xoguetes habilitados no Barbanza, xunto cos locais de Boiro e Ribeira. Aqueles interesados en facer a súa doazón e participar na campaña “Os seus dereitos en xogo” poden facelo aquí ó longo de todo o mes de decembro.

     

     

    É importante ser consciente, de dar os xoguetes vellos, que non usamos, que nos sobran, non é ser solidario. É unha das ideas coas Cruz Vermella quere rachar nesta campaña.

     

    Nesta edición da campaña, como novidade, ademáis de facer a entrega nos puntos de recollida, pódese colaborar a través do teléfono 900 22 44 90 e mediante o envío de SMS coa palabra XOGUETES Ó 28092 ou ó 38092. O custe das mensaxes irás íntegramente destinado á compra de xoguetes para as familias en dificultad

     

    O 18 por cento dos nenos que atende Cruz Vermella na provincia non teñen xogos nin xoguetes, entre todos podemos facer que durante uns días, cando menos, sintan que están tendo a infancia que merecen.