Rosa Quintana reúnese co novo Secretario Xeral de Pesca

    GALICIA> Alberto López-Asenjo comprométese a traballar na mellora da xestións das cotas.

     

    A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, reuniuse co Secretario Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Alberto López-Asenjo. A xuntanza, ademais de presentación, serviu para analizar diversas melloras na xestión das cotas no marco do plan de xestión do Cantábrico-Noroeste e acadar o seu aproveitamento óptimo, a través de posibles acordos con outras comunidades autoónomas. Un aspecto que aplauden dende a Xunta. 

    A xestión do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca foi outro dos asuntos tratados na xuntanza co obxectivo de aproveitar este financiamento de xeito eficaz e na procura dunha actividade sustentable e exitosa. 

     

    Tamén se abordou o problema do Brexit e as posibles consecuencias para a flota galega e española da marcha de Reino Unido da Unión Europea.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/reunion_conselleiramar_secratario_xeral_pesca1402171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/reunion_conselleiramar_secratario_xeral_pesca140217.mp4{/flowplayer}